Noticias

INTENCIONES

Inauguración de exposición de pintura, día 4 de diciembre de 2018  a las 19/30 en La Casa de Galicia en Madrid, Xunta de Galicia.
Hasta el 30 de diciembre, de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00, festivos: de 10:00 a 14:00
A artista coruñesa plasma a súa vitalidade a través dunha paleta con fortes gamas de laranxas e violetas, e un estilo propio que xorde da fusión de outros

"Intencións" é o título da exposición de pintura da artista de Ponte do Porto, Camariñas, María Luisa Rojo Grandío que asina as súas obras como Novais e que poden verse durante o mes de decembro nas salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Na mostra, Novais plasma a súa vitalidade a través dunha paleta na que predominan laranxas e violetas, con gamas fortes e un estilo que pode ser, abstracción, expresionismo, cubismo, surrealismo e novaísmo, que sería o seu propio, resultado dalgunha das múltiples combinacións posibles entre os demais.

Na inauguración, o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, foi o encargado da presentación. Nas súas palabras resaltou que "Novais é unha traballadora incansable do pincel", e ademais, "asombra a enerxía que desprega, que se traduce nunha explosión de cores, reflexo da súa personalidade arrebatadora". Explicou que os alicerces nos que Novais apoia a súa actividade creadora son as cinco puntas dun pentágono, algo sumamente revelador, pois trátase dunha figura xeométrica moi frecuente na natureza e estreitamente ligada ao crecemento das formas. Del xorde, por exemplo, a estrela de cinco puntas, "desde tempos antigos con valores simbólicos e relixiosos". É un dos elementos máis complexos, ricos e belos que existen, de aplicación infinita. O pentágono é tamén o seu logotipo, que basea nos cinco estilos pictóricos. "Novais pinta cadros puramente surrealistas, ou expresionistas, ou cubistas ou abstractos, e cando mestura dous ou máis, entón é novaísta, e ese é o seu estilo máis persoal, máis privativo, pero tamén os outros". Na exposición da Casa de Galicia hai exemplos de todos eles. Neste sentido Jiménez suxeriu ver con calma cada cadro, porque "así atoparanse con outros moitos detalles dignos de admiración que satisfarán as súas expectativas artísticas e reconfortarán a mirada", por exemplo o pan de ouro que "Novais administra sabiamente en moitas das súas obras", a "reinterpretación que fai de Venecia e do seu Entroido", os "brocados que introduce nos vestidos, tan bizantinos", ou da composición en moitas das súas obras a base de recuadros de diversa dimensión e forma que lembra ás teselas da catedral de San Marcos de Venecia. "É notable a influencia de Venecia e do bizantino, na súa produción artística", sinalou o presentador.

Pola súa banda, Novais engadiu que a súa obra ten varios momentos, intencións e estilos pictóricos, e que se sinte especialmente cómoda pintando óleo "con veladuras de cor que se fusionan entre si". A súa paleta caracterízase por utilizar unhas gamas fortes pero tamén porque a maioría das cores fainas ela mesma, "con diferentes pigmentos e aceites para lograr este resultado pictórico". As súas obras flúen desde o interior, e exprésaas ao mundo de "forma natural e sinxela". No caso da série dos soños e mares ten unhas connotacións moi especiais porque "cada vez que as miras descobres novas formas de expresión. Non é só un cadro; son varios dentro dun só". En canto ás figuras femininas, as súas mulleres adoitan estar de costas ou de perfil. Poucas están de fronte e envólvenas ricas teas que reflicten a ostentación e a clase á que pertencen. Para Novais, o que non estean de fronte é para "representar a pouca relevancia que sempre tivo a muller ao longo da historia e non por falta de calidades".

Os mares son unha temática que para Novais centran o misterio, que se atopa xusto nos fondos mariños, non nos plácidos e azuis, abaixo, coas historias do mar. Mentres, a paisaxe urbana represéntaa por seccións e acoutado. Atráenlle os edificios modernistas sen abandonar a proxección xeral. "O trazo firme e os bordes negros que forman parte da miña pintura é unha resolución da fortaleza da liña", dixo. "A forma de concibir a miña obra desde nena é forte e segura. Crear e ver a través dos ollos que miran con curiosidade e desa forma diferente", subliñou. Desde a súa visión que pasa polo seu interior e transmíteo cara ao exterior, para ela tanto os sentimentos como a arte, están profundamente enraizados. "O meu carácter inquieto cheo de curiosidade lévame a estar en constante movemento artístico e de creación e investigación". Para finalizar, fíxoo cunha cita se Salman Rushdie, "O que distingue a un gran artista dun mediocre é, primeiro a súa sensibilidade, segundo a súa imaxinación e terceiro, a súa aplicación".
Fuente: casadegalicia.xunta.gal


    También puede interesarte...


 VOLVER